As familias do 12 de novembro - page 10

10
Taménmorreu
enMéxico
a viúva
de Telmo
Bernárdez,
Isabel Gómez
Costas. Tras o
asasinatodo
seu home e o
apresamento
dos seus
fillos Telmo
e Jesús,
Isabel deixou
o fogar de
Redondela e
iniciou a viaxe
ao exilio,
quedurantedous anos a levaría aPorto, París e
NovaYork antes de chegar aMéxico a finais de
1939. Alí reuniríase co seu fillo Jesús, tras opaso
destepolo exército republicano e os campos de
concentración franceses. Nunca volveu aGaliza.
Pola súaparte,MatildeCaamañodeixou atrás
Pontevedra emarchou aSantiago, a unha casade
aluguer onde habilitou unhapensión
que, xunto á vendadoquepuido
rescatar no espolio, permitiulle sacar
a famedos tres fillos tras amortede
Amancio. Nunca refixo a súa vida,
e apesar deque sobreviviu case
medio século ao seu home, nunca
quitouo loito:
“Sempre vestiu de loito: roupa negra
ou comomoito de alivio, pero vestida
de claro, nunca. Levaba o pelo branco
suxeito nunmoño e parecíamaior do
que eramais en Santiago chamábanlle a
señora guapa”.
BegoñaCaamaño, neta deAmancio
Caamaño
As viúvas de JoséAdrio, RamiroPaz eGermán
Adrioquedaron na cidade, convivindodiariamente
cos asasinos e soportando as súas humillacións.
Aurora saíu adiante grazas aopatrimonioque non
lle incautaran ao seupai, CelestinoPoza,mentres
que Lola Lois eRitaSobrido, a viúvadomestre
GermánAdrio,
traballaron
dentro e fóra
da casa.
Rita, que
casara con
Germán
cando este
enviuvouda
súapropia
irmá, Nieves
Sobrido, tivo
a axudadas fillasmaiores domatrimonio. Cando
Nieves, perseguida edestituídado seupostode
mestra, puido abandonar o agocho vilagarcián,
volveu aPontevedra epúxose adar clases
particulares na casa familiar, onde todomudara.
Opalcode teatro e o cochede cabalos que tivera
de nena foron substituídas polas colas coa cartilla
de racionamento.
Outradas orfas de
Germán,Maruja,
axudouno taller
e renunciou á
súapropia vida,
a casar e ao seu
postodemestra,
por coidar ámáis
pequenados
cinco irmáns,
Solita, que nacera
cunhaparálise e
estaba condenada
a unha cadeira
de rodas. Co
tempo,Maruja
converteuse en
profesoradebordado namesmaEscolaNormal
que servirade cárcere aos asasinos do seupai.
Lola Lois, a viúvadeRamiroPaz, seguiu
explotando a gasolineiraque, por ser de aluguer,
non lle incautaran ao seu home, e ademais vendeu
teas nas feiras e coseupara sacar adiante a familia:
“Amiña nai tivo que coser roupa para unha
casa que había aquí que se chamaba daquelaLa
casa de los calzoncillos, e estaba onde estaba a
Falanxe, na casa dosCorbal. Cosíamoitas veces
polas noites para poder saír adiante e un pouco
máis tarde foi vender teas áEstrada –lembro ir
unha vez con ela- e aoMosteiro. Despois tamén
traballou no surtidor de gasolina”.
Ramiro, fillo póstumo deRamiroPaz
Solidariedade e unión entre as víctimas
Abarbariedo 12de novembro forxou lazos
inquebrantábeis entre as familias dos dez fusilados
e tamén conoutras afectadas pola represión,
como adeAlexandreBóveda -cuxa viúvamantivo
toda a vida unha fonda amizade conCintaRey,
nai deVíctor Casas- ou ade JosefinaArruti, quen
tivo un importante xesto solidario con tres dos
fusilados: BenignoRey, PauloNovás eVíctor
Casas, permitindoo enterrodos seus restos no
panteón familiar. As relacións eranmúltiples: Os
Poza cosPaz, e ambos cosAdrio, (lembrandoFina
con especial cariño as horas que ela e a súa irmá
Purapasaron no taller deRita), osArruti cosCasas
eosCaamaño, emesmoos orfos de JuanRico cos
de TelmoBernárdez noobrigado exiliode ambas
familias enMéxico.
IsabelGómez coa familiano exilionoPorto
MatildeCaamaño
RitaSobrido cosfillosdeGermánAdrio
Maruja,
Solita e
NievesAdrio
1,2,3,4,5,6,7,8,9 11,12,13,14,15,16
Powered by FlippingBook