As familias do 12 de novembro - page 8

8
pasar por SanSimón eSanCristóbal.
Ademais,moitos dos bens das familias foron
incautados para facer fronte á escandalosa
multa imposta na sentenza.
O sanatoriodeCelestinoPoza era undos
mellores de todaGalicia con adiantos técnicos
nada usuais na época como a radioterapia.
Adiantos que os falanxistas deixaron logo
perderse, por non saber usalos. Estaba en
AndrésMuruais, unha rúa naque osPoza eran
propietarios de tres ou catro vivendas
que tamén foron requisadas polo novo
estado franquista:
“Requisaron todo. Tamén os
edificios, aos que eles lles puñan o
aluguer. Apropiedade era da familia
pero non podías facer nada. O
aluguermarcábano eles e aínda que
ao final, nos daban os cartos, eran
catro duros”
JoséLuís, fillo póstumo de José
Adrio
O sanatoriodeAmancioCaamaño
non correumellor sorte. Foi incautado
o edificio enteiro, que tamén acollía a
vivenda, pero como era unha familia
moi querida enPontevedra, un contacto avisou
aMatilde, e coa axudadobo amigodo seu
home, o taménmédicoEladioPadín, puido
sacar os obxectos demáis valor e algúns
móbeis que, poñendo enperigo a súapropia
integridade, odoutor Padín resgardou no seu
pazodeCambados.
Ohospital incautado acolleu a sedede
Sanidad
antes deque, xa amediados dos
anos cincuenta, a familiapuidera recuperalo,
aíndaque só enpartepois o estado franquista
expropioulle unbo anacodo xardínpor catro
pesos. O hospital recuperado foi alugado e alí
estivoo colexioda Inmaculada. Hoxe endía non
existe o edificio, que estaba situado xusto fronte
ao
GaliciaPalace
.
Á familiade TelmoBernárdez tamén lle
incautaron as súas propiedades. A súa viúva,
Isabel GómezCostas, trasladou unhapetición
ao xulgadopara retirar delas osmóbeis,máis
nin iso lledeixaron conservar. Contestáronlle
que sópodía sacar doque fora o seu fogar,
roupa, unha cama e a roupada cama.
As novas autoridades quedaron tamén coa
imprentaqueRamiroPaz tiña na rúaCharino e
co seuquioscodaAlameda.
Mais nino fusilamento nin as incautacións
apagaron a chamado fascismo, que seguiu
arroxandoo seuodio sobre as familias
con rexistros continuos ás vivendas e o
sometemento a viúvas, nais, irmás e orfos a
continuas humillacións.
“Tiñamos rexistros cada dous por tres, a cada
momento, aínda que fosen as tres damañá.
Ata levantaban a tapa do contador por se
había algo alí escondido. Tiñamos unha radio
Zenit e agochárona uns veciños que tiñamos,
que eranmariñeiros. Tivéronametida nas
redes ata que rematou a guerra e puidemos
sacala”.
Fina, orfa deRamiroPaz
Hai unha actuacióndos fascistas que Fina
lembra especialmente. Unha noite, cando
Dolores Lois aínda estaba enBurgos,
presentáronse unha cheademilitares cargados
con fusís edesde a vivendade enfronte, ado
Comandante Lorente, comezaron adisparar
contra a casa cunhametralladora colocada no
ático. Os disparos, quemesmo afectaron á casa
dos veciños, foron continuados enchendode
terror aos nenos:
“Metémonos nun oco onde estaba o armario
e levantamos todo, colchóns, somiers...
para protexernos por se viña unha bala. Os
militares fixéronos abrir a porta de abaixo, a
que daba o peirao, e saíron cara a de adiante
dicindo: ¡¡¡Alto el fuego que aquí solo hay
niños!!! Fóra o veciño, Lorente, que era
FamiliaAdrioSobrido
Isabel co seu irmánPedro eTelmo
1,2,3,4,5,6,7 9,10,11,12,13,14,15,16
Powered by FlippingBook