Camiñar Resolve - page 11

11
A reformaurbana
O proceso de renovación do espazopúblico foi a orixeda drástica redución do
númeroe da gravidade dos accidentes de tráfico.Ao iniciarse este proceso a finais
dos 90, coa renovación integral de rúas e prazas, incluíase a restauración de todos os
servizos públicos e amellora xeral da calidade urbana.
Pontevedra puña así freo ao dominio indiscriminado doautomóbil en toda a capital.
Nacíaunha nova perspectiva: a cidade é sobre todo de quen a camiña, dos que van a
pé. Foi o inicio dunha reforma concéntrica, do centro aos barrios, un proceso que
aínda estáactivo, e grazas ao cal a cidadaníapode presumir dunha cidademáis
pensadapara as persoas que paraos automóbiles.
A reformadeu comezo en 1999 coa peonalización doCentroHistórico. De aí
estendeuseás rúas do centro comercial central, con prolongacións radiais que
comunican o centro coas estacións e o río, creando itinerarios peonís de alta
demanda.
Foi estendéndose ata a actualidade, que se traballa na zonaEste eSur. Estas obras
foron combinándose conoutras quemelloraron a accesibilidade, eliminaron barreiras,
desenvolveron omobiliariourbano e incrementaron a calidadeda iluminación nun
proceso que abarca practicamente toda a capital.
1...,2,3,4,5,6,7,8,9,10 12,13,14,15,16,17,18,19,20
Powered by FlippingBook