Camiñar Resolve - page 14

14
Circular amotor
Acirculación interior realízase
comomáximo a 30 km/hen todo
o centrourbano, sexa cal for o
tipo de vía. Unhaprimeira rede
urbana inclúe os accesos á
capital, aos aparcadoiros
gratuítos e ao resto dos
aparcadoiros, quegaranteno
servizo ás zonas demáis
demanda. O restodas vías
están concibidas para o tráfico
residencial.
As principais interseccións
regúlanse por rotondas, e
existen frecuentes pasos
de peóns (amaioría
sobreelevados) que garanten
unha circulación peonil fluída e
segura.
Amobilidade conquista así o
seu valor principal: satisfacer as
necesidades de todos sen
sacrificar os valores de cada
un. Os condutores coñecen
as súas condicións, os peóns
circulan con seguridadee
tranquilidade, os profesionais e
comerciantes dispoñen de
espazos dignos para as súas
actividades, os consumidores
poden acceder aos espazos
comerciais, os repartidores
teñen os seus horarios amplos
para traballar con folgura, os
residentes fóra da cidade
dispoñen de lugares adecuados
para deixar os seus automóbiles
emoverse camiñando.
Infraestruturas
AMesa polaMobilidade (M4) definiu fai máis dun lustro as necesidades de
infraestruturas que contribuirána permeabilizar a rede viariaperiférica e
interconectar as vías radiais queparten da capital.
Reestruturar vellas interseccións paragañar operatividade, pechar un
primeiroanel de roldaurbana, finalizar infraestruturas inacabadas ao sur e
ao norte, construír a circunvalación interior e conectar a cidade
directamente coas vías de alta capacidade do sur, son as súas principais
formulacións, aos que se unena actual construciónde dúas novas pontes
sobreo río Lérez, que contribuirán amitigar a densidade circulatoria no
cinto litoral.
Unhacidadedinámica
Aaposta por unhamobilidade alternativa abordouse sen que a cidade
deixasede exercer o seu papel dinamizador dunha ampla comarca,
tanto como foco comercial como de servizos administrativos.Así a
todo, o acougado do tráfico e amodificación das prioridades de
mobilidadeprovocoua revalorización dos espazos centrais da cidade
ea súa dinamizacióneconómica.
Outros factores como impedir a deslocalización comercial do centro
da cidade (só existeun centro comercial illado, con 15 anos de
ntigüedade) contribuiron a facer posiblequePontevedra poida
definirse coa seguinte frase:Acidade na que se paseamáis pola rúas
que polos corredores dos centros comerciais.
1...,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13 15,16,17,18,19,20
Powered by FlippingBook