Camiñar Resolve - page 3

3
Cidade civilizada
MiguelAnxoFernández Lores
Alcalde dePontevedra
Gañar espazo para os peóns foi amarca de partida para a transformación da cidade nunespazo
seguro e digno. Unmodelo de cidade que se foi configurandobaixoos cánones da cohesión social, o
dinamismo económico, a recuperaciónmedioambiental e a autoestima.
Aaposta pola civilidade urbana é rotunda e completa, e no relativoá seguridade viaria reflíctese nesta
máxima: todo o que se faga por salvar unha vida, éun diñeiro ben investido.
Nuncapoderemos saber cántas vidas se salvaron naPontevedra da última década grazas ao uso
racional do automóbil quepromovemos con seriedade e valentía. O certoé que temosmenos
accidentes, e os que temos producenmenos danos ás persoas, enon se rexistran víctimasmortais nas
zonas urbanas tratadas.
Vimos traballando conpoucas palabras, discretamente, intentando diferenciar o grao dapalla,
resistindo os embites políticos dos sectoresmáis reactivos, e sobre todo confiandona cidadanía,
materializando as súas enerxías na transformación da cidade.
Os resultados da reforma urbana están ahí, e osmúltiples recoñecementos externos así o testemuñan.
No2º Encontro de cidades pola seguridade viaria, promovido polaDirecciónGeneral deTráficodo
Goberno deEspaña, produciuse omaior recoñecemento público ao nosomodelo, tanatento e
considerado coa seguridade viaria. Entregouse aPontevedra o premioámellor prácticaurbanaen
seguridade viaria, que se ven unir a outros recoñecementos externos, que seunenás constantes
convites a expoñer omodelo dePontevedra en foros deEspaña ePortugal.
Premios como oCERMI (entidade que agrupa ás persoas con dificultades demobilidade doEstado
Español) pola accesibilidade universal; oNacional daCulturaGalegapoloprocesode reforma urbana
ou o deSeguridadeViaria deFesvial (fundación composta por entidades públicas e privadas que
promoven a seguridade viaria). Todos eles confirman que imos polo bo camiño enos estimulana
continuar traballando nos novos retos de calidade urbana quea capital tenpor diante.
1,2 4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,...20
Powered by FlippingBook