Camiñar Resolve - page 4

4
1
Amobilidadeurbana
Amobilidadeea seguridademelloraronmoitonas
últimasdécadas, tantonas súas infraestruturas como
nosmediosde transporte.Aexcepciónéamobilidade
urbanaque segue igualdemalou inclusopeor.
Vivimos nunha sociedade na que as necesidades
demobilidade son cada vezmais elevadas; salvo
momentos puntuais como o presente de crise, os
investimentos dasAdministraciónsPúblicas en
infraestruturas demobilidade de todo tipo, cada
vezmais aceleradas; temosmáis facilidade para
desprazarnos e os problemas demobilidade que
van aparecendo, vanse solucionando. Estradas,
autoestradas, metros, ferrocarrís, portos,
aeroportos, aumentan a súa capacidade e dan
solución a demandas cada vezmais elevadas; a
seguridade das infraestruturas, así como, en xeral,
dosmedios de transporte, é cada vezmaior. En
resumo, cada vezmais emellores infraestruturas,
mellormobilidade, máis seguridade.
Este panorama optimista, que corresponde a unha
realidadeobxectiva incontestábel, aínda que
sempre queden demandas por satisfacer, rómpese
de xeito radical cando entramos nomundo urbano.
Non descubrimos nada novo se lembramos que os
problemas demobilidade e seguridade nomundo
urbano seguen a ser cuestións sen solución polo
de agora. Non se tenavanzado demasiado; é
máis, poderíamos afirmar que durante as últimas
décadas a situación é estacionaria nomellor dos
casos e, en xeral, evolucionou negativamente.
2
Ten solución amobilidadeurbana?
Algunhavariábel,algunhacausade fondo,profunda,
estrutural, conceptual, está sen resolvernamobilidade
urbana.Mentresestesproblemasde fondonon se
aborden,asmedidasparciais fracasaron, fracasane
fracasarán.
Algo, oumoito, se debeu estar facendomal para
queos grandes investimentos e asmedidas de
todo tipo adoptadas, non teñan efectos positivos
namobilidade urbana. Téñense probado todo tipo
demedidas sen grandes resultados;
periodicamente xordeunha proposta, unha ilusión
de solución, quenos deixamoi convencidos, que é
obxectode polémica e debate público, pero que,
cando se leva á práctica, pode resolver unha
mínima parte do problema a cambio de agravar
outros aspectos, sen que supoñannunca unha
solución, ou, candomenos, un avance xeral para a
mobilidadenas cidades.
AZonaAzul, aORA, os carrís reversíbeis, o
recortede beirarrúas, os pasos soterrados e
elevados para peóns, os scalestrix para o tráfico, a
onda verde, os estacionamentos disuasorios, os
semáforos intelixentes, o cobropor entrar na
cidade, a paridade dasmatrículas, as restricións
aos fluxos peonís, amellora do transporte
público,..., e unha longuísima coleción demedidas
deste tipo, foron anunciadas como solucións, en
certos casosmoi concretos puideron supoñer
unhamellora, pero o problema xeral damobilidade
urbana e da seguridade vial urbana segue a ser un
problema grave e irresolto.
Cando un grave problema como este, que afectaa
todas as cidades en diversos graos, que se ten
atacado conplantexamentos e enfoques diversos
e variados, ao que se lle teñen adicado e adican
múltiples recursos emedidas, segue a non ter
solución, e, inclusive, a agravarse, seguramente
sexa porque hai algúnou varios aspectos
conceptuais, de fondo, estruturais, que non se
están abordando. Estaríamos na situación
seguinte: hai un problema, non se abordanas
súas causas profundas e os esforzos dilúense
tratando de atallar os epifenómenos queprovocan
a causa ou causas principais.
E cando citamos causas estruturais, de fondo, non
estamos dirixindo a nosa atención a cuestións
comoa cada vezmaior demanda demobilidade, o
aumento do parque de vehículosmotorizados, a
concentración da poboación e da actividadenas
cidades ou áreasmetropolitanas, o aumento das
distancias entre os centros de residencia e
traballo, ao deseño co se construíron as nosas
cidades, ou semellantes. Este tipo de feitos son
parámetros inamovíbeis, ou, candomenos, demoi
lenta e difícil modificación; xa houbo intentos de
deseñar partes de cidades e, incluso, cidades
enteiras pensadas para o automóbil e os
problemas demobilidade terminaron por ser,
pasando o tempo, dunha gravidade demagnitudes
domesmo orde que nas demais.
3
Prioridades invertidas
O reparto, oequilibrio, entreosdiferentesmodosde
mobilidadeurbanaestáprofunda, radical e
inxustamentedescompensadoa favordovehículo
motorizado individual.Estaéacausaprofundaque
haiqueabordar.
Estamos situando a cuestión na relación que
existe actualmente entre osmodos demobilidade
que conviven nunha cidade; estamos pensandona
enorme e profundamente inxusta desproporción
que existe na consideración, tanto real como
oficial, dos distintos tipos demobilidade, nuns
supostos dereitos adquiridos polo vehículo
individual, polo turismo, sobre todos e cadaun dos
demaismedios de desprazamento. Esteé o
grande problema de fondo irresolto e queestá
lastrando a eficacia de todas e cada unhadas
medidas que se tratan de aplicar paramellorar a
Peóns, seguridade emobilidadeurbana
Cara a unha inversión do esquema dominante
CésarMosqueiraLorenzo
Concelleirode Infraestruturas
Concello dePontevedra
1,2,3 5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,...20
Powered by FlippingBook