Mellor a pé - page 16

1
Amobilidadeurbana
Na nosa sociedade as necesidades demobilidade
son cada vezmais elevadas; estradas, autoestra-
das, metros, ferrocarrís, portos, aeroportos, au-
mentana súa capacidade e dan solución, por
separado ou conectadas, a demandas cada vez
mais elevadas; a seguridadee comodidade das in-
fraestruturas, así comodosmedios de transporte,
é cada vezmaior.
Este panorama optimista rómpesede xeito radical
cando entramos nomundo urbano. Os problemas
demobilidade, tanto demercadorías como de pa-
saxeiros, nomundourbano segue sen solución; é
mais, poderíamos afirmar que durante as últimas
décadas a situación é estacionaria nomellor dos
casos e, en xeral, evolucionou negativamente.
Amobilidademelloroumoito nas últimas déca-
das, tanto nas súas infraestruturas como nos
medios de transporte.A excepción é amobi-
lidade urbana que segue igual demal ou in-
cluso peor
Mellor a pé
MARCOCONCEPTUALDOMETROMINUTO
Prioridadedomodopeonil namobilidade e intermodalidadeurbana
CésarMosqueira
Concelleiro deMobilidade e Infraestruturas
2
Ten solución amobilidadeurbana?
Algo, oumoito, se debeu e debe estar facendomal paraque os grandes investimentos e
asmedidas de todo tipo adoptadas, non teñan efectos positivos namobilidade urbana. Té-
ñense probado todo tipo demedidas sengrandes resultados.
AZonaAzul, aORA, os carrís reversíbeis, o recorte debeirarrúas, os pasos soterrados e
elevados para peóns, os scalestrix parao tráfico, aonda verde, os estacionamentos disua-
sorios, os semáforos intelixentes, o cobropor entrar na cidade, aparidade dasmatrículas,
as restricións aos fluxos peonís, amellora do transporte público,..., eunha longuísima co-
leccióndemedidas deste tipo, foron anunciadas como solucións, en certos casosmoi con-
cretos puideron supoñer unhamellora, peroo problema xeral damobilidadeurbana e da
seguridade vial urbana segue a ser unproblema gravee irresolto.
Cando un problema como este, que se ten atacado con plantexamentos eenfoques diver-
sos e variados, conmúltiples recursos emedidas, segue anon ter solución, seguramente
sexaporque hai algún ou varios aspectos conceptuais, de fondo, estruturais, quenon se
están abordando.
E non estamos dirixindo a nosa atencióna cuestións como a cada vezmaior demanda de
mobilidade, o aumento do parque de vehículosmotorizados, a concentración da poboación
e da actividade nas cidades ou áreasmetropolitanas, o aumentodas distancias entreos
centros de residencia e traballo, ao deseño co se construíron as nosas cidades, ou simila-
res. Este tipo de feitos son parámetros inamovíbeis, ou, candomenos, demoi lenta edifícil
modificación; xa houbo intentos dedeseñar partes de cidades e, incluso, cidades enteiras
pensadas para o automóbil e os problemas demobilidade terminaron por ser, pasando o
tempo, dunha gravidade similar.
Algunha variábel, algunha causa de fondo, profunda, estrutural, conceptual, está sen
resolver namobilidade urbana.Mentres estes problemas de fondo non se aborden, as
medidas concretas fracasaron, fracasan e fracasarán
1...,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15 17,18,19,20,21,22,23,24
Powered by FlippingBook