Mellor a pé - page 19

9
Sobre velocidades
No tráfico dunha cidade, onde os imprevis-
tos en formade neno que se escapa, peón
que se despista, coche que fai unhamano-
bra incorrecta, freazos imprevistos, forzados
ou non, ...., permitir velocidadesmáximas
que poidan provocar accidentes e que, caso
de producirse, poidan ter unhas consecuen-
cias funestas, é unha especie de ruleta rusa
que se debería desterrar. Salvo excepcións,
30 km/hora parece axeitada; a redución de
perigosidadee ruído sonmoi elevadas.
Pero o seuefectivo cumprimento é aínda
moitomais importante. De nada vale un
sinal con unha velocidade razoábel se, unha
determinadaporcentaxe, poñamos o10 ou
15%, dos condutores non a respecta; posi-
belmente poida producir aíndamais perigo e
ruído: adiantamentos arriscados, bocinas,...
A realidade é que para garantir estas veloci-
dadesmoderadas hai que recorrer, cando
menos neste intre histórico, a elementos físi-
cos de calmado de tráfico.
Por outro lado, a perigosidade das vías ur-
banas, a inseguridade vial non se pode
medir só polo número de accidentes e de ví-
timas; a sensación de inseguridade non é
tan tráxica comoos efectos nas vítimas,
pero deteriorade xeitomoi grave a calidade
de vida nas cidades e recorta a autonomía
das persoasmais débiles, especialmente
dos nenos que se ven expulsados da explo-
ración e dominioautónomo do seumedio.
Hai que fixar velocidadesmáximasmo-
deradas en todos os ámbitos urbanos
nos que outros usos existentes poidan
provocar accidentes e, sobre todo,
facer que se cumpran estes límites coas
medidas físicas necesarias
10
Asdinámicassociais
Cando se iniciaun proceso de re-equilibriodos usos dos espazos públicos ur-
banos, un re-equilibrio entreomododemobilidade peonil eomotorizado, hai
unha reacción, en diferentes graos, que recordaaquelamáxima do tardo-fran-
quismo de que “podería haber democracia candoos españois estivesen pre-
parados”.
Éminoritaria aoposición frontal áeste re-equilibriodemobilidades; case
sempre vai por argumentacións do tipo: “si, pero cando haxaestacionamento”,
“si, pero cando haxa consenso”, “si, pero candomelloreo transporte público”,
cando.., cando..., cando... Omodo demobilidadeprivilexiado, omotorizado in-
dividual, resístese a perder as súas prebendas aínda que sexa en aras dun re-
equilibrio, dunhamellora xeneralizada tanto damobilidade como da
seguridade e da calidade urbana.
A recuperación damobilidade peonil, o re-equilibrio entre as diversas for-
mas demobilidade, non pode nunca condicionarse a futuros ou a outras
actuacións. Estaríamos demorando sen horizonte temporal a solución a
un problema acuciante
11
Treceanosde experiencia
EnPontevedra, o procesode implantaciónestá
moi avanzado, xa todaa cidade ten limitadaa
velocidademáxima a30 km/hora coas barreiras
físicas correspondentes. Os principios e con-
ceptos claros, e a coherencia na aplicación, le-
varon abo porto oproceso; o avanzado do
proceso permiten extraer conclusións, moitas
definitivas eoutrasmoi claras, aíndaque non
estean aplicadas na súa totalidade.
Acalidade urbanae a calidadedamobilidade
peonil e ciclista sonmoi elevadas, e isto, sen
facer ningunha restriciónao funcionamento da
cidade.Ao contrario, a cidade resultamais
atractivae segurae funcionamellor; todaper-
soaque “necesita” circular paradesprazarmer-
cancía oupasaxeiros tenmoitasmais
facilidades que na situación previa.
NoEstudo deMobilidadede2011, do total de
desprazamentos urbanos, os dous terzos son
peonís, e aínda así, o volume dedesprazamen-
tos en coche dentro da cidadepode seguir re-
ducíndose, en favor dopeonil, porque segue a
habermoita circulación, cada vezmenos, pero
aíndamoita, quenon cumpre ningunhadas ra-
zóns que sepoden aceptar como válidas e,
polo tanto, ser incorporada ao concepto de “ne-
cesidade”.
Por outro lado, os índices de sinistralidade son
baixísimos, especialmente entre os peóns; nin-
gúnmorto nin ningún feridograve nas zonas
tratadas en 13anos.
Amellora da calidade urbana, damobili-
dade urbana e da seguridade son enormes
cando se actúa segundo os criterios antes
descritos.
Three largewaterways surround the city:Alba, Gafos
andLérez, whichoriginates in the Islandof Covo
1...,9,10,11,12,13,14,15,16,17,18 20,21,22,23,24
Powered by FlippingBook