Pontevedra Guapa e Segura - page 24

As infraestruturas perimetrais demobilidademellorarán os accesos e permitirán unmellor uso da capital, tanto para os seus veciños e veciñas,
como para as persoas que proceden de fóra da zona urbana.
AMesa pola Mobilidade M4 (na que se sentaronMinisterio de Fomento, Xunta, Deputación e Concello) definiu as necesidades viarias de Ponteve-
dra, que só agarda que os investimentos das distintas Administracións fagan avanzar as obras. Estes son os fitos máis relevantes deste plan.
No do Pino.
Refórmase un dos principais puntos negros do tráfico rodado, que conecta a avenida de Vigo, o vial Pino - Bora e a PO10 (acceso á
AP9)
Ponte das Correntes.
Resolverá os tráficos de conexión co Salnés, Vilagarcía e AP9, especialmente para acabar coa saturación da Ponte da Barca e
o núcleo urbano da Barca, en Poio.
Novas vías cara ao leste.
Aproveitando a construción do Eixo Atlántico Ferroviario nacen duas novas conexións alén das vías. Unha perto da Seca,
que conectará Xosé Malvar coa Av. de Lugo a través do novo Polígono de Valdecorvos. Outra na Parda, coa ponte dos Xulgados, que comunicará
a zona de Xoan Carlos I con Eduardo Pondal a través de 12 de Novembro e a Unidade 18.
Circunvalación exterior ou A57.
Ao leste da capital, desde o enlace de Curro, ao norte, ata o aeroporto e a A52 ao sul, conectando as estradas de
Santiago, Campo Lameiro, Ourense, Ponte Caldelas, Pino-Bora e Vigo.
Ronda urbana.
Facilitará a conexión entre o periférico de Poio, as estradas de Vilagarcía, Santiago, Campo Lameiro, Ourense, Ponte Caldelas e
Vigo, conectando coa rede viaria do Hospital Montecelo e as novas conexións de Alba - San Caetano e Lérez - Monte Porreiro.
Periférico de Marín.
Rematará na PO11 facilitando a conexión co Morrazo.
Rede de Montecelo.
Mellorará as conexións do Hospital, a cidade Príncipe Felipe e Castro Senín
Outras accións.
Construción da Ponte entre Lérez e Monte Porreiro, así como a vía entre San Bieito e a rotonda de Médico Ballina, ampliación do
espazo libre de peaxe da AP9 e novo acceso en Alba e urbanización emellora da seguridade viaria nos treitos periurbanos das vías de Fomento
que penetran na capital. Tamén está a convertirse a Av. de Marín nun longo paseomarítimo.
perimetrais
Infraestruturas
1...,14,15,16,17,18,19,20,21,22,23 25
Powered by FlippingBook