Pontevedra, cidade amable.

Os desprazamentos, a pé ou en bicicleta Unha das premisas da reforma urbana en Pontevedra, a de «máis desprazamentos camiñando, menos desprazamentosmotorizados», vén de sufrir unha lixeiramodificación. Deste xeito, onde dicía camiñando, agora debe engadirse pedaleando. Esta é gran aposta de futuro da capital e que se fundamenta nunha sorte de escala de prioridades, onde as persoas sitúanse na cúspide da mesma. Por debaixo, e en orde decrecente, bicicletas, transporte público (taxis e autobuses) e vehículos privados. Poucos dubidan de que, antes da reforma urbana dos últimos anos, os vehículos eran os grandes beneficiarios de calquera política viaria. Eran tempos nos que as rúas se configuraban en base ás necesidades dos automóbiles, mentres que as beirarrúas eran espazos nos que tiñan que convivir omobiliario urbano, os contedores, as sinais, os semáforos… e as persoas. Aquela filosofía mudou e deu paso a outra que baseaba o deseño das rúas, o espazo urbano, en función das necesidades e da seguridade dos peóns. As persoas pasaron a ser o centro destas políticas e as súas necesidades o prioritario. A primeira consecuencia foi a humanización de grandes espazos do POR LÓPEZ PENIDE centro e, posteriormente, as beirarrúas ampliaron as súas dimensións. Máis próximo no tempo adoptáronse medidas pioneiras, caso de baixar a 30 quilómetros o límite de velocidade ou a creación de plataformas únicas. No canto da velocidade, leváronse a cabo dúas medidas para acadar de feito esa redución sen ter que acudir a sancións indiscriminadas: colocáronse lombos ou pasos elevados e, enmoitos puntos, eleváronse as beirarrúas para, xunto coa diminución do tamaño dos carrís, conseguir un efecto psicolóxico nos condutores. É o que se coñece como efecto túnel e funciona como desincentivador de velocidades elevadas. Non obstante, a idea que latexa en boa parte das decisión adoptadas é a de que sexa a propia idiosincrasia das rúas a que determine a mobilidade por elas. É algo que pode percibirse no reducido número de sinais que se poden atopar en rúas comoMichelena, onde a velocidademáxima é de 20 quilómetros por hora e onde a propia convivencia de peóns, bicis e automóbiles xa propicia a asunción natural desta limitación. En definitiva, buscouse adaptar á realidade o feito de que, en Pontevedra, aproximadamente sete de cada dez desprazamentos son a pé. Isto foi tamén propiciado pola habilitación de aparcadoiros disuasorios de balde en puntos estratéxicos dos accesos. O seguinte reto vén da man da integración, dunha vez por todas, das bicicletas. Dende o Concello sosteñen que «os programas de peonalización, calmado do tráfico e coexistencia de tránsitos rodados e peonís, motorizados ou non, que se levaron a cabo nos últimos anos fan que a cidade sexa un escenario idóneo para estemedio de transporte». Baixo este prisma naceu PontenBici, «un conxunto de medidas de fomento do transporte en bicicleta impulsadas polo Concello de Pontevedra dentro das medidas por un novo modelo de mobilidade» e que se asentan nasmedidas de calmado do tráfico dos últimos anos. Na actualidade, estanse a estudar novos carrís para ciclistas en zonas «nas que a circulación de automóbiles supón unha posíbel ameaza para os usuarios da bici». Asemade, estase elaborando unMetrominuto exclusivo para os desprazamentos sobre dúas rodas e no que se reflectirán once rutas entre o centro da cidade e distintos puntos da comarca de Pontevedra. OS PROTAGONISTAS. As políticas viarias adoptadas en Pontevedra nos últimos anos sitúan aos peóns no centro das medidas e iniciativas que se foron levando á práctica | CAPOTILLO OS RESULTADOS. Coa reforma urbana do casco histórico, prazas como a da Ferrería foron gañadas ao tráfico | CAPOTILLO As políticas viarias en Pontevedra circunscríbense ao redor da figura do peón, sobre as súas necesidades e a súa seguridade configúranse todas as medidas e decisións que se adoptaron nos últimos anos. Agora o reto para o futuro máis inmediato é a integración plena das bicicletas na mobilidade da cidade do Lérez 10 Pontevedra, cidade amable A mobilidade

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=