Pontevedra, cidade amable.

12 Pontevedra, cidade amable O tráfico Cando en maio, a directora xeral de Tráfico, María Seguí, presentou as liñas xerais do que será o novo Regulamento de Circulación púidose atisbar que a normativa será un fiel reflexo da filosofía do modelo de cidade que propón Pontevedra, «un novo concepto de cidade máis sostible emáis cómoda», sinala o borrador. Non en vano, «a mobilidade das persoas evoluciona de forma constante, polo que as normas que regulan a circulación das mesmas teñen que ir tamén acompasándose ás súas novas necesidades e demandas». As principais, por así chamalas, aportacións de Pontevedra ao novo regulamento refírense tanto a cuestións técnicas como a cambios culturais. Todo resumido na idea de que «a pacificación do tráfico urbano, a potenciación do uso da bicicleta e a redución da siniestralidade nos cascos urbanos son tres obxectivos que terán como aliadomoi importante a introdución xeral do límite de velocidade de 30 quilómetros por hora en moitas das rúas das nosas cidades». A tese é que a esta velocidade, falecen o 5 % das persoas atropeladas, mentres que co límite actual o porcentaxe de mortalidade está situado no 50%, segundo os datos estatísticos da DGT. E precisamente foron os índices de accidentalidade de Pontevedra os que chamaron a atención dos técnicos da Dirección Xeral. Dende a DGT observaron que mentres nas vías urbanas o número de mortos caía á metade, nas cidades apenas reducíase un 30 %. A cidade do Lérez, ao igual que outras poucas, non seguía ese patrón, senón todo o contrario. EnMadrid comprenderon que a natureza do tráfico fora dos cascos urbanos é moi diferente da de dentro, onde nun mesmo espazo estaban obrigados a convivir peóns, ciclistas e vehículos. Coa comprensión chegou o cambio dementalidade e, con el, a introdución da minoración da velocidade. Isto, a súa vez, implicará a potenciación das zonas de plataforma única, que por primeira vez son recollidas nun regulaPOR LÓPEZ PENIDE mento, se ben na cidade do Lérez xa son unha realidade dende fai tempo. Son espazos, como pode ser a rúa Michelena, onde conviven peóns, ciclistas e vehículos, e onde estes últimos non poden superar os 20 quilómetros por hora. A propia concepción destas vías de comunicación permite que, por si soas, implementen a minoración da velocidade sen ter que botar man, practicamente, de ningunha sinal. Deste modo, cúmprese a tese de reducir «ao mínimo a sinalización horizontal e vertical», de tal xeito que as persoas gozarán sempre de prioridade de paso en calquera punto da calzada. Á hora de elaborar o borrador que sirva de columna vertebral do novo regulamento, o Concello de Pontevedra respostou cun informe a petición de colaboración da DGT. Nel recollíanse varias iniciativas adoptadas na capital que agora estenderanse por todo o territorio. Outra destas aportacións é a referida aos lombos, que «non se considerarán obstáculos na calzada». O documento que será aprobado en brevematiza que, aínda que contribúen a «calmar o tráfico», deberán cumprir a regulación básica establecida por Fomento. Non cabe dúbida de que a nova norma asume unha cuestión crucial que é «a perda de protagonismo do vehículo amotor» en detrimento doutros medios para desprazarse. Isto supón «un cambio cultural importante», pero tamén da idiosincrasia dos distintos usuarios que diariamente conviven nos espazos públicos. A norma que se está tramitando actualmente introducirá algunhas das iniciativas que se puxeron en marcha nos últimos anos en Pontevedra. É o caso de reducir a velocidade a 30 quilómetros por hora ou dar un maior protagonismo aos peóns e ciclistas. Como sosteñen na DGT, a normativa debe adaptarse a «un novo concepto de cidade máis sostible e máis cómoda» Unha filosofíaque impregnaráo novoRegulamentodeCirculación PIONEIROS VELOCIDADE 30 A minoración do límite de velocidade no casco urbano fixo de Pontevedra unha das cidades pioneiras en España en implementar esta medida que, entre outras cuestións, reduciu considerablemente a gravidade das lesións.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=