TEU Pontevedra - page 11

C i dade da i n f anc i a
Cami ño esco l a r
PARA TODAS E TODOS
Xoga r na r úa
Experimentar co xogo
directamente na cidade,
esplorar, coñecer... as
dimensións de Pontevedra
como un gran escenario para
a participación e a
educación máis aló das
aulas. Nenos e nenas
convírtense así en
protagonistas dun espazo
pensado para eles. Seguimos
as ensinanzas de Tonucci:
Pensar na cidade en termos
de infancia equivale a
conseguir unha cidade mellor
para todas e todos.
Un deseño urbano para
combatir o sedentarismo.
As nenas e nenos deben
ter alternativas próximas
aos seus domicilios para
xogar e expresarse con
seguridade e sen a ameaza
dos automóbiles.
Un Camiño Escolar organizado pola Policía Local
adaptado á nova Pontevedra, sen grandes
perigos. Coa participación de toda a
comunidade escolar. Con persoas maiores nos
cruces para mitigar o posíbel medo de algúns
pais e nais. Con comerciantes que colaboran
cos escolares en caso de necesidade. Cunha
gran maioría de alumnos que xa van camiñando
ao cole, moitos deles sós.
Francesco Tonucci e o seu libro“La cita dei bambini” tivo gran
in uencia na transformación da cidade nun espazo de
experimentación e descubrimento para a infancia.
Nalgúnmomento, o Concello veuse
na obriga de declarar ante oValedor
do Pobo que as rúas de Pontevedra
estaban para ser disfrutadas por
todos, incluídos os nenos.
1...,2,3,4,5,6,7,8,9,10 12,13,14,15,16,17,18
Powered by FlippingBook