Reunión da mesa da contratación do servizo de mantemento de xardíns

91

O Concello de Pontevedra reuniu esta mañá a mesa de contratación do Servizo de mantemento e conservación das zonas verdes e arborado viario do municipio de Pontevedra. A reunión tivo como asistentes os representantes municipais dos servizos de Intervención, Contratación, Asesoría Xurídica así como os concelleiros Raimundo González Carballo, presidente da mesa, e o concelleiro do grupo municipal do Partido Popular, César Abal.

Na reunión abriuse o primeiro sobre (administrativo) no que se puido comprobar que todas as empresas tiñan a documentación en regla, e coa unanimidade dos asistentes, procedeuse a abrir o segundo dos sobres que contén as melloras das ofertas. Estas serán valoradas polos técnicos municipais nas vindeiras semanas antes de volver a reunir á Mesa.

As empresas que presentaron oferta ao concurso de xardíns son:

  • Audeca S.L.U –  Covsa
  • Arbogal – Redenor
  • Elsamex
  • Orto, parques y jardines S.L.
  • Cespa S.A
  • San José – El Ejidillo viveros integrales S.L.
  • Valoriza, servicios medioambientales S.A.
  • Imesapi S.A. – Xermolo S.A.

Licitación en curso – Perfil do contratante