Que é?
Saltóns Club é un programa de dinamización de parques e xardíns promovido pola Concellería de Medio Natural do Concello de Pontevedra.
Pero… a ver, isto como vai?
Únete ao club e poderás desfrutar dunha morea de actividades relacionadas coa arte, a música, o teatro, a actividade física e os xogos en pandilla!!
Todo isto ao aire libre, na natureza e na contorna dos marabillosos parques e xardíns de Pontevedra.
Ademais de actividades para vós, a cativada, tamén haberá unha oferta de entretemento para as vosas familias.
E aínda hai máis! Teremos merenda para @s primeir@s 40 inscritos nas xornadas!
Non o penses máis! Queres formar parte de Saltóns Club?