Terceira edición de “Fluíndo no río Lérez”

481

A Concellaría de Cultura organiza por terceira vez o Encontro de cultura: Arte e Natureza “Fluindo no río Lérez” que será entre os 24 e o 26 de abril. A actividade volve a estar coordinada por Carmen Hermo e Antón Sobral.

Segundo os coordinadores trátase de traballar durante tres días nun espazo máxico como as marxes do río Lérez ao seu paso por Pontevedra, creando obras efémeras e respectuosas coa natureza, perfectamente integradas nesta.

Ao tempo, na Casa das Campás, o venres 24 de abril, ás 20.00 horas impartirase unha conferencia a cargo de Espe Porto, membro da revista de arte contemporáneo Latamuda sobre “Arte, natureza e contemplación”. A charla estará aberta ao público.

Convidarase a 20 artistas para que realicen o seu traballo ao longo do Lérez e nas Illas das Esculutras o sábado, 25 de abril ao longo de todo o día, e tamén o domingo, 26 de abril, pola mañá. Este día, a partir das 12.00 horas, haberá un encontro onde os artistas amosarán o seu traballo explicado por eles mesmos.

Estes 20 artistas estarán coordinados por Carmen Hermo e Antón Sobral, e ás 19.00 horas do sábado, 25 de abril, porán en común as súas experiencias no Pazo da Cultura.