Feira Franca. Valoración

134

A concelleira de Festas, Anxos Riveiro
fixo esta semana unha valoración “moi positiva” da participación e
desenvolvemento da Feira Franca, que ateigou de persoas o centro histórico na
pasada fin de semana. A responsable de Festas do Concello entende que a Feira
Franca xa se convertiu nunha das mellores festas de recreación histórica do
Estado.

 

“Miles de persoas participaron de xeito
tranquilo e vibrante durante o venres e o sábado da Feira”. De feito, explicou
Anxos Riveiro que “cada vez máis son persoas as que se achegan doutros concellos
e latitudes, o que nos fai pensar que a Feira Franca está máis que consolidada
como unha das mellores festas de recreación histórica que existe no Estado”.
Para a concelleira de Festas esto é posible “porque conta coa participación directa
de veciños e asociacións na elaboración de todo o que acontece neses días na
nosa cidade”.

 

Anxos Riveiro quixo felicitar a todas as
persoas que participaron na organización “porque non houbo incidencias graves
durante toda a xornada”. Fixo un agradecemento expreso ao Departamento de
Cultura do Concello, e tamén á Policía, aos Bombeiros e a Protección Civil “porque
fixeron labor de control que permitiu que fose un éxito”.

 

Tamén destaco que se solucionou o
problema de acumulación do lixo, detectado o pasado ano. Nesta ocasión, o
servizo de limpeza triplicou ás dotacións que se adicaban durante todo o día
traballando en todo o centro histórico e aledaños.

 

A concelleira de Festas informou que o
Departamento de Cultura ultima o expediente para declarar a Feira Franca Festa
de interesa turístico, unha tramitación que se presentará ante o Ministerio de
Cultura e a Consellería de Industria e Turismo. Confía en rematar o expediente
este mes para tratalo na comisión de Cultura de outubro e, a ser posible,
aprobalo no pleno de outubro ou novembro.