Obradoiro Cidadanía

112

Desta volta, a Concellaría que dirixe Margarita Castejón presta atención ao colectivo de senegaleses, que teñen unha importante presencia en Pontevedra, despois que nos dous últimos anos estivese focalizado nos inmigrantes marroquís.
O prazo de inscrición está aberto ata o próximo día 25 deste mes de outubro, polo que se recomenda ós interesados que acudan canto antes a formalizala. O curso será impartido en francés por medio de profesor nativo.

Os datos desta actividade son os seguintes:

  • Dirixido á poboación inmigrante de orixe senegalés, maiores de 16 anos, en proceso de incorporación á sociedade de acollida.
  • Duración: 20 horas.
  • Horario: tres sesións semanais de dúas horas cada unha, os luns, mércores e xoves.
  • Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra.
  • Datas: 3, 4, 8, 10, 11, 15, 17, 18 e 22 de novembro de 2010, de 18.30 horas a 20.45 horas. En horario de 18.30 horas a 20.45 horas.
  • Contido: Coñecemento da sociedade de acollida, acceso aos dereitos, cumprimento das obrigas, así como recursos e servizos aos que se poden dirixir en función da atención que se precise, emprego, vivenda, educación, sanidade, etcétera, buscando de este xeito el facilitar a incorporación do colectivo inmigrante á sociedade de acollida. Materiais elaborados por técnicas municipais especializadas.
  • Impartido: En francés, por profesor nativo.

Fórmulas para realizar a inscrición:

  • Entrega da folla de inscrición na Oficina Técnica de Servizos Sociais – Equipo de atención ás migracións (rúa/ Xofre de Tenorio, 1 Chalé Fontoira, Pontevedra.
  • Chamada ó teléfono 986 090 891 ou 986 850 398.
  • Entrega da folla de inscrición a través da Asociación Senegalesa de Pontevedra, “Dioco”.
  • Envío da folla de inscrición por Fax: 886213421 á atención do Equipo de atención ás migracións.
  • Envío da folla de inscrición por correo-e á migracions@concellopontevedra.es.

Para a selección darase prioridade ás solicitudes en función da data de entrega da solicitude de inscrición, na Oficina Técnica de Servizos Sociais e do tempo de permanencia en España.