A Concellaría de Festas xa ten
todo ultimado para a Cabalgata de Reis que se celebrará mañá polas principais
rúas do centro da cidade. Os Reis magos chegarán, un ano máis, en camelo para
repartir ilusión e sorpresa a todos os nenos de Pontevedra.
Os
Reis magos chegarán ao Concello ás 16.00 horas para trasladarse ata o Pazo de
Mugartegui onde farán unha recepción a todos os nenos que se queiran achegar ao
Pazo e expoñerlles os seus desexos para esa noite.
Ás
19.00 horas partirá a comitiva real dende a rúa 12 de novembro para percorrer
as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena e Praza de España,
onde rematará a Cabalgata. As carrozas sairán da zona polas rúas Alameda e
Echegaray.
A
comitiva dos Reis Magos será a seguinte:
·Banda de Música de
Pontevedra
·Camión escaleira de
Bombeiros
·Grupo de Cabalería
·Carroza Caixanova
·Rivel animación:
Bastóns de caramelo
·Art Monium: 5 xigantes
·Carroza Tarzán e mono
(Coca cola)
·Rivel animación:
globadores imposibles
·Grupo folclórico Os
Alegres
·Carroza Blancaneves
(Zona Monumental)
·Troula: Blancaneves
·Salcedian Brass
Enxemble
·Rivel animación:
Pallasos xigantes Rivel
·Carroza Trineo e renos
(Supermercados Froiz)
·Art-Monium:
Malabaristas de lume, percusionistas e bailarinas árabes
·Grupo de pastores
·Camelos
·Carroza Rei Melchor
“Medusa e Medusones” (Deputación)
·Art-Monium: tres
dragóns
·Charanga Apeles
·Rivel animación:
minicirco Rivel
·Carroza Rei Gaspar
“Cabalos voadores”
·Rivel animación: mundo
azul
·Agrupación floclórica
Os Alegres
·Troula: Alicia
·Carroza Rei Baltasar
“Aves do paraíso”
·Os Quintilláns
Plan de tráfico
A Concellaría de Festas quere facer
especial fincapé no plan especial de tráfico elaborado pola Policía Local e que
está en marcha dende onte pola mañá, cando se comezaron a colocar os valos de
prohibición de estacionamento nas rúas polas que pasará a Cabalgata de Reis.
Nestas indicacións advírtese da data e a hora da prohibición do estacionamento.
Co fin de evitar molestias aos
cidadáns a Policía Local de Pontevedra prega a colaboración dos condutores e
que permanezan atentos á sinalización circunstancial. Os vehículos estacionados con antelación á colocación
serán traslados a outro lugar. Os vehículos que estacionen con posteridade,
serán denunciados e retirados co guindastre municipal e abonarán as taxas
correspondentes.
O plan de tráfico recolle as
seguintes indicacións:
Restrición de estacionamento
Día 5 de xaneiro
A partir das 08:00 horas prohíbese
o estacionamento na rúa Doce de Novembro (entre a rotonda de Xosé Malvar e a
rotonda de Xoaquín Costa).
De igual xeito prohíbese o
estacionamento nas rúas Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal a partir das
12:00 horas.
Horario de corte de rúas
Doce de novembro: sobre as 16:30
horas
Loureiro Crespo e Benito Corbal:
sobre as 18.30 horas, aínda que podería adiantarse dependendo da afluencia de
público ou necesidades do servizo.