Entroido 2011: Entroidos de Galiza

80

O entroido de Pontevedra arranca
este mesmo fin de semana coa presentación dos Entroidos de Galiza, xa un
clásico dentro da programación do entroido pontevedrés. Este ano as rúas do
casco histórico vivirán o entroido das Mázcaras de Manzaneda, os Volanterios de
Chantada e as Madamas e Galáns de Cobres.

 

Este
domingo o centro histórico acollerá o pasarrúas das Mázcaras de Manzaneda. Será
a partir das 12.00 horas.

 

A Mázcara é o personaxe principal do entroido de Manzaneda. Leva un gran pucho de
forma cónica engarzado con brillantes cintas de cores. Suxéitase á cabeza cun
pano de cores atado pola parte posterior. Levan polainas brancas e puntillas de
cores rechamantes.
Cruzada no peito teñen
unha mantilla floreada.
Levan tamén un pequeno
bastón.

 

Reciben o nome de mázcaras aínda que levan o
rostro descuberto. Como os boteiros, preceden ao folión e unha das súas
características, a parte da elegancia, son os saltos que realizan e as súas
mocas.

 

Para a fin de semana do 26 e 27 de febreiro, o
centro histórico acollerá os pasarrúas dos Volanterios de Chantada (o sábado, a
partir das 12.00 horas) e as Madamas e Galáns de Cobres (o domingo, ás 12.00
horas).