Entroido 2011: Inicio e desfile de entroido

93

A concelleira de Festas, Anxos Riveiro destacou o bo inicio das festas de entroido da cidade. Resaltou, especialmente, a masiva afluencia de persoas a disfrutar das máis de tres horas de desfile do entroido.

O desfile supuxo a implicación “máxima” tanto das persoas tradicionalmente vinculadas ao entroido pontevedrés, como de xente doutros concellos de Galicia, que ano a ano se van sumando ás festas de carnaval da cidade.

Nos primeiros días de entroido non houbo incidencias graves e incluso, os positivos nas probas de alcolemia relizadas pola Policía Local foron anecdóticos, xa que só se rexistrou un positivo.