Pontevedra súmase á celebración da Hora do Planeta

84

A concelleira de Medio Ambiente Natural, Celia Alonso, acordou durante estes días cos servizos técnicos municipais a coordinación do proceso de apagado destes inmobles. Con elo, Pontevedra súmase á preocupación mundial polo inminente remate da vixencia do protocolo de Kyoto, en 2012, sen que, despois do fracaso do cumio de Copenhague haxa un novo pacto medioambiental mundial. A crise árabe co conseguinte incremento do prezo do petróleo revelou como nunca a necesidade dun cambio no modelo enerxético no que todos sexamos máis responsables. Boa parte das esperanzas están postas no próximo cumio ambiental de Durban (Sudáfrica).
A iniciativa da Concellería de Medio Ambiente Natural inclúe tamén, en liña coa campaña mundial, un chamado a tódolos pontevedreses para que apaguen as luces entre as 20.30 e as 21.30 horas e amosen con este xesto a súa solidariedade co Planeta, o seu rexeitamento ao fenómeno da contaminación e o quecemento global, así como a súa firme esixencia aos líderes políticos de todo o mundo para que controlen as emisións de dióxido de carbono antes de que sexa demasiado tarde.
“A hora do Planeta” é unha iniciativa que naceu na cidade australiana de Sidney e que resulta xa unha cita importante no calendario da loita mundial polo medio ambiente.