Subvencións Educación

108

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases e a convocatoria. Poden consultarse integramente na URL https://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2011/bop.PONTEVEDRA.20110401.064.pdf.
Poden presentar solicitudes para as subvencións as entidades públicas ou privadas, que desenvolvan proxectos, e accións que teñan por obxecto o fomento de actividades educativas de interese público. Deberán, para elo, realizar actividades de interese educativo no ámbito do concello de Pontevedra.
Poderán ser obxecto de subvención os programas e as actividades educativas que estean dirixidas á realización de actuacións puntuais ou de carácter anual no eido educativo en todas as súas vertentes e que sexan realizadas no curso escolar 2010/2011. (Entendendo este dende o 1 de setembro de 2010 ata o 30 de xuño de 2011).
A porcentaxe subvencionable polo Concello non poderá exceder do 50% do custo da actividade.