Consello Aberto Feira Franca 2011

106

O Consello Aberto da Feira Franca celebrou onte pola noite
a súa primeira reunión despois da última edición da feira, a do ano 2010.
Presidida pola concelleira de Festas, Anxos Riveiro, todos os integrantes do
Consello fixeron balance da anterior edición e pechar datas e temática para que
as asociacións poidan ir traballando na edición deste ano.

 

A Feira Franca 2011
celebrarase o 2 e 3 de setembro (venres e sábado) e terá como fío conductor “O
comercio na Pontevedra de finais do XV e principios do XVI”. O obxectivo é
destacar a importancia do comercio na que era a cidade máis populosa de
Galicia. Síntoma da súa vida social e do seu dinamismo, ao que contribuían
elementos como o porto das Corvaceiras, a ruta dos Arrieiros e, mesmo, o camiño
de Santiago.

 

Na reunión do
Consello Aberto acordouse abrir ou prazo para a presentación de solicitudes
para ceas, comidas, hostalería e mercado o día 20 de xuño e se pechará o 15 de
xullo. Aumentar o prazo foi unha boa decisión o pasado ano, como se notou á
hora de xestionar todas as solicitudes e que todas as que cumprían os
requisitos fosen admitidas sen maior problema.

 

Entre os obxectivos
da vindeira edición está buscar a calidade da Feira Franca. Para isto se porá
un especial coidado no tratamento dos espazos, o mantemento destes espazos
durante toda a Feira Franca. Para iso ben a finais deste mes ou a principios do
vindeiro, o Consello Aberto manterá 
unha reunión, á que convidan a particulares que montan mesas na Feira e
tamén a hostalería, para visualizar os distintos espazos da feira, tratar de
detectar todos o erros e poder correxilos de cara o próximo mes de setembro.

 

Asimesmo, o Consello
Aberto tratará de crear para esta edición un símbolo de calidade específico da
Feira Franca e destinado para a hostalería e tamén para as mesas de
particulares. Esta distinción entregarase durante a propia Feira e tratará de
premiar a calidade dos centros de hostalería e as mesas que participen. Trata
de ser un selo de calidade con compromiso de futuro.