Informe Ministerio de Hacienda: solvencia económica e financieira

95

O concelleiro de Economía e
Facenda do Concello de Pontevedra, Raimundo González Carballo explicou que o
informe elaborado polo Ministerio de Hacienda sobre a débeda viva das
administracións locais 2010 reflexa a boa situación económica e finacieira do
Concello “a consecuencia do bo traballo realizado nos orzamentos e na facenda pública”,
explicaba o concelleiro Raimundo González.

 

O
concelleiro de Economía e Facenda indicou que “no seu día vislumbrabase unha
situación de crise e adoptáronse as medidas pertinentes para que a situación
fose como está agora”.

 

“O
informe é unha manifestación do existente. Que somos unha das cidades menos
endeudadas do Estado e a segunda menos endeudada de Galiza”, aplaudiu Raimundo
González quen asegurou que “é positivo. E nunha situación como a actual de crise
económica na maior parte dos concellos, o de Pontevedra ten unha moi boa saúde”.