Pontevedra solicita á RAG ser sede dos actos centrais do Día das Letras Galegas adicada a Valentín Paz Andrade

69

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá remitir a petición á Real Academia Galega de que Pontevedra sexa a sede dos actos centrais do Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, por ser o homenaxeado o pontevedrés Valentín Paz Andrade, nado en Lérez e enterrado no cemiterio parroquial, entre outros moitos vínculos co munipio.

O alcalde enviou unha carta dirixida a Xosé Luís Méndez Ferrín solicitando esta celebración nos seguintes termos:

 


Querido Xosé Luís,


 


 

A pasada semana recibimos con ledicia e sorpresa o anuncio de que a vindeira celebración do Días das Letras Galegas estará adicada ao noso veciño Valentín Paz Andrade. Como sabes, este activo membro do movemento galeguista, literato, xornalista e intelectual ten as súas raíces na nosa Pontevedra, onde naceu e onde descansan os seus restos.

 

A feliz noticia nos invita a solicitarte que Pontevedra sexa a sede de tal importante celebración para os nosas letras no vindeiro ano. Deste xeito, poñemos o Concello a disposición da Real Academia Galega para que a cidade poida acoller outro acto desta relevancia e transcendencia, xa que temos aínda na memoria a sesión extraordinaria celebrada este ano en recoñecemento da figura de Xoán Manuel Pintos.

 

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe un acordo unánime neste sentido, polo que reiteramos a disposición do Concello para celebrar en Pontevedra do día 17 de maio. 

 

Sen outro motivo, recibe un saúdo agarimoso 


 


 


 


Miguel Anxo Fernández Lores