O alcalde de Pontevedra insta a Fejóo a reconducir as relacións institucionais polo ben da cidade

83

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores solicitou esta mañá por carta unha entrevista ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo para tratar de reconducir as maltreitas relacións de ambolas dúas institucións nestes últimos meses. Proxectos sociais, de obras públicas e sanitarios son os que pretende reconducir o alcalde de Pontevedra, logo dos resultados acadados nas urnas o pasado 22 de maio. Miguel Anxo Fernández Lores prometeu que esta sería unha das súas primeiras actuacións logo de ser investido alcalde.