Verán 2011: Ricardo Portela resultados

92

As
rúas da cidade viviron a xornada do sábado cheas dos ritmos galegos da gaita. O
XII Memorial Ricardo Portela concluíu arredor das 23.30 horas na praza da
Peregrina logo da actuación dos oito grupos participantes e da actuación do
grupo
Os Minhotos, que pechou o certame antes de entregar os premios.

 

Os
gañadores dos tres premios foron:

 

 

1.    Polavila

2.    Fol de coiro

3.    Picuiña

 

 

 

Os
importes dos premios en metálico foron:

 

1.    1.500 euros

2.    900 euros

3.    600 euros

 

 

O
premio especial “Ricardo Portela”, de 600 euros, para a mellor interpretación
dunha peza do repertorio de don Ricardo, entendendo como tal aquel que estea
gravado en cinta ou disco polo mestre pontevedrés, foi para Picuíña. (As bases
lembran que este premio é compatíbel con calquera dos outros en metálico e
tamén poderá recaer sobre calquera dos finalistas non premiados).

 

O
premio especial “Seivane–Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente
para o XI Memorial, á mellor interpretación dunha peza en toque pechado, foi
para Polavila. Ao igual que o anterior, este premio é compatíbel con calquera
dos outros en metálico e tamén poderá recaer sobre calquera dos finalistas non
premiados.