Verán 2011: Pregoeira das festas Meli Fandiño

117

A Concellaría de Festas quixo que
este ano a pregoeira das Festas da Peregrina fose Meli Fandiño. O conxunto da
cidadanía e da profesión coinciden en salientar que é unha das persoas que máis
vencellos ten coa cidade, que viviu e vive de preto e co corazón as súas
inquedanzas e a súa evolución. De tal xeito que pode ser considerada a voz dos
pontevedreses.

 

Meli
Fandiño leva na memoria histórica dos pontevedreses 43 anos, tantos como na
radio, en Radio Pontevedra. De feito, foi o seu primeiro e único traballo, onde
recalou con 16 anos facendo traballos de locución, e animada sempre polos seus
pais, Andrés Fandiño e Dolores Barbosa.

 

Coa
chegada da democracia e cando se comeza a reivindicar a presenza da muller na
vida social e laboral, Meli Fandiño comeza a facer información, á saír á rúa, a
coñecer as inquedanzas dos pontevedreses de primeira man, colaborando con
distintos programas e, especialmente, con Hipólito Fraguas ao fronte da
opinión. Logo relevouno durante moitos anos e ata hai dous, cando lle cedeu o
testigo ao seu compañeiro na emisora, Manolo Fernández.

 

A
vida de Meli Fandiño é a vida de Pontevedra -“pasei máis tempo na emisora que
na miña casa”-, polo que o seu pregón promete ser entretido e sorprendente, cun
claro sabor a radio.

 

O
pregón leerase o sábado, 13 de agosto ás 12.00 horas dende o balcón do Pazo de
Mugartegui, na praza da Pedreira.