O Concello mantén o ritmo de casorios durante o 2011

6

O ritmo de vodas no Concello de Pontevedra
mantense en relación aos últimos anos. A día de hoxe xa se celebraron 42 e hai
en reserva 26 máis. A previsión do servizo de Protocolo, responsable da xestión
das vodas no Concello, é que se achegue a un cifra similar a do pasado 2010
cando  se contabilizaron ata 85
casorios.

 

O número de vodas civís que se celebraron no
Concello foi crecendo a partir do ano 2000 e especialmente do 2004 cando xa non
baixaron dende os 60 casorios ao ano. A cifra máis alta acadouse o pasado ano
2010 con 85 vodas, seguido dos anos 2006 e 2007 con máis de 80 vodas.

 

As cifras
dende o ano 1995 son as seguintes:

 

 

ANO

Nº DE MATRIMONIOS

1995

4

1996

10

1997

3

1998

3

1999

7

2000

17

2001

39

2002

28

2003

46

2004

63

2005

62

2006

81

2007

81

2008

63

2009

62

2010

85

 

 

Na actualidade, as vodas celébranse no salón
vermello do Pazo de Mugartegui a onde se trasladaron dende o salón de actos da
Casa Consistorial durante as obras do estacionamento da praza de España. Agora
estase á espera da rehabilitación do edificio do Concello, na praza de España,
para que as vodas regresen á Casa Consistorial.

 

Para casar no Concello de Pontevedra, a diferenza
de moitos outros concellos galegos, non fai falla estar empadroado neste, pero
é preciso levar a cabo certas accións:

 

·      
Tramitar a
solicitude no Rexistro Civil do Concello onde estean empadroados os futuros noivos,
encargado de autorizar ao noso Concello para a celebración da voda. O Rexistro
Civil de Pontevedra expedirá o documento denominado “Relación de datos de
matrimonio civil”.

·      
Presentar no
Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación: solicitude de casamento,
documento acreditativo do pago da taxa correspondente (77,64 €), fotocopia do
DNI dos contraentes, fotocopia do DNI de dúas testemuñas maiores de idade que
deberán estar presentes na cerimonia e o anteriormente mencionado documento de Relación
de datos de matrimonio civil.

·      
Elixir a
data chamando ao 986 804 303 ou acudindo ao Gabinete da Alcaldía do Concello os
martes e xoves de 8:00 a 15:00 horas. A data reservarase tres semanas, no caso
de non presentarse a solicitude, a reserva anularase. A solicitude coa
documentación necesaria ha de presentarse polo menos 10 días antes da realización
da voda.

·      
Elixir o
horario. Pode ser en calquera día laborable de 8:00 a 14:30 horas; os venres
pola tarde de 18:00 a 20:00 horas ou os sábados de 11:30 a 14 horas pola mañá e
de 18:00 a 20:00 horas pola tarde. As vodas  realizaranse no salón vermello do Pazo de Mugartegui os
venres pola tarde e sábados, e na planta terceira do edificio de Michelena 30,
os demais días.

 

·      
Deberase
indicar, chamando ao 986 804 303, o seguinte: número aproximado de asistentes á
cerimonia, música (en directo ou gravada), adornos florais, presenza de aneis e
de vehículos.

 

Nota: Para
máis información contactar co Servizo de Protocolo no seguinte número 986 804
303.