Siniestro Total fará vibrar Pontevedra a ritmo de rock

88
    No día grande das Festas da Peregrina, a poboación pontevedresa moverase a ritmo de rock sinistro da man de Siniestro Total. O concerto, ao igual que os demais, celebrarase na Praza de España ás 22:30 horas.

    Este grupo galego nacido en 1981, tras pasar por diversas formacións, está integrado por Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avendaño, Ángel González e Jorge Beltrán. Ao ano seguinte publican o seu primeiro álbum que leva por nome “¿Cuándo se come aquí?”, que causa un gran impacto na escena rock española. Son un dos grupos máis lonxevos do panorama nacional, un dos destacados da Movida e do xénero punk no noso país. No concerto desta noite presentarán o seu último CD “Country & Western”, sen esquecerse das súas cancións máis míticas, e de seguro farán vibrar a toda a praza coas súas letras.

    O resto da xornada estará marcada fundamentalmente polos oficios relixiosos. Ao mediodía dará comezo unha misa pontificial no Santuario da Virxe Peregrina, seguida dunha actuación nas prazas da cidade a cargo do grupo Os Alegres. Ás 13:30 horas iniciarase un pasarrúas da man da charanga Apeles que volverá a actuar ás 18 horas. Ás 21 horas do serán, dará comezo a procesión da Virxe Peregrina e a danza gremial de cintas do século XVIII, na praza do mesmo nome. Tralo concerto de Siniestro Total, á medianoite celebrarase unha verbena na Gran Vía de Montero Ríos, a cargo das orquestras Almíbar e Soprano.