Carme da Silva agradece o esforzo do operativo especial de festas

85

 A
concelleira de Festas, Carme da Silva, fixo balance esta mañá desta
longa fin de semana, a última de “peñas” e a primeira das
Festas da Peregrina.

En
primeiro lugar, quixo dar as grazas a todo o equipo de profesionais,
tanto os pertencentes ao servizo especial de limpeza, como á
policía, aos bombeiros, protección civil, etc. En definitiva, en
torno a 300 persoas que traballan durante todos estes días para que
poidamos gozar dunhas festas agradables e seguras. “A seguridade é
prioridade”, declarou a concelleira. Destacou a introdución dun
dispensario médico situado na Alameda, para atender as urxencias que
se poidan ocasionar, posto que este servizo atópase agora no Centro
de Saúde da Parda.

Como
sabemos, esta fin de semana presentou a peculiaridade de coincidir a
festa das peñas co inicio da Peregrina. Por mor disto, o servizo
especial de limpeza reforzou o seu operativo e ampliouno a 47
empregados. As cifras que se acadaron foron: 18 toneladas de lixo na
noite do sábado, das cales a metade se recolleron no recinto da
festa; e 8 toneladas na noite do domingo, xa que a choiva reduciu a
aglomeración de xente. Esta noite, que xa non había peñas,
recolléronse 5 toneladas.

En
segundo lugar, Carme da Silva amosou o seu agradecemento a tódolos
veciños e veciñas de Pontevedra que están gozando orgullosos
destas festas. Cabe salientar que nestes últimos días pasaron miles
de persoas pola cidade do Lérez, particularmente polos tres
emprazamentos clave onde se están a desenvolver as principais
actividades: a Praza do Teucro, a Praza de España e a Ferraría.

A
concelleira de Festas quixo salientar o “comportamento cívico das
persoas, que fixo que non se produciran incidentes nin desperfectos
importantes”. Ao igual que a fin de semana anterior, os incidentes
que se produciron foron pequenos e nada fóra do normal en
aglomeracións deste tipo.

Para
concluír, Carme da Silva animou a todo o mundo a seguir disfrutando
da programación festiva, que aínda lle queda moito que ofrecer.