Desmonte de casa

98

O concelleiro delegado da
parroquia de Lourizán, Demetrio Gómez ordenou o derribo dunha casa no lugar do
Santo, para mellorar os accesos e os servizos en toda esta rúa. Trátase dunha
reclamación dos veciños que mellorará substancialmente o tráfico tanto dos
residentes como de calquera servizo que acuda ao lugar, especialmente, o das
emerxencias, ao anchear o camiño.

 

O
desmonte deste inmoble, propiedade municipal, comezará o mércores e
prolongarase arredor de durante dúas semanas. É un traballo de certa
complexidade xa que a vivenda é lindeira con outras, que non deben verse
afectadas polo desmonte.

 

Unha
vez rematado, a empresa que executará os traballos por un valor de case 21.000
euros, explanará todo o espazo –xa expedito- e o deixará perfectamente
transitable para vehículos.

 

Con
esta decisión, o concelleiro Demetrio Gómez pretende mellorar a calidade de
vida dos veciños desta parte da parroquia de Lourizán que ate este momento non
tiñan facilidades para recibir as atencións de certos servizos de emerxencia.