Metrominuto, un novo mapa producido polo Concello para facilitar a mobilidade a pé

92
        Un novo elemento gráfico de utilidade para o conxunto da cidadanía comezou a ser utilizado polo Concello na súa política de mobilidade. Trátase do “Metrominuto Pontevedra”, un mapa lineal que recolle 21 puntos urbanos e a relación espazo-temporal entre eles.

        Este “Metrominuto” foi revisado polo concelleiro de Mobilidade, Luis Bará, que ordenou a súa inclusión no espazo virtual www.pontevedra.eu/movete, donde figura dende hoxe. O traballo foi desenvolvido conxuntamente polo Centro de Control dos Tráficos da Policía Local, CETRA e o departamento de Comunicación municipal.

        As distancias e tempos aproximados para camiñar por Pontevedra teñen como principal epicentro a Peregrina, e foron calculados en base a unha velocidade media de 5 qm/h, xa que un paseo medio desenvólvese a un ritmo aproximado de 4 qm cada hora, e unha velocidade “punta” de desprazamento adoita andar polos 6 qm/h.

        Todas as cifras que recolle o mapa son aproximadas, e foron reducidas a números redondos, para facilitar a súa lectura. O cadro recolle as distancias que se expresan no “Metrominuto”. Con elas, o cidadán ten á súa disposición un instrumento de medición espazo-temporal que lle permite moverse pola cidade con maior tino, e planificar os seus desprazamentos.