Ponte Eduardo Pondal

119
        O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira responsable do barrio de Campolongo, Carme Fouces visitaron esta mañá a ponte da avenida de Vigo, para comprobar a reparación dos danos que causaron dous camións que pasaron por Eduardo Pondal.

        O alcalde explicou que os traballos tiveron un custe de 60.000 euros que foi pagado polas aseguradoras dos dous camións que fixeron os destrozos na ponte e no seu sistema de alerta de gálibo. De feito, unha aseguradora pagou 20.000 e outra 40.000 euros.

        Os traballos consistiron na desmontaxe de toda a estrutura e en volver a colocar unha nova, ademais de repoñer o sistema de iluminación que advirte do gálibo. Tamén se puxeron unhas barras de ferro que reforzan a estrutura baixo a ponte e uns tubos de ferro que defenden o sistema de iluminación do gálibo, de tal xeito que os camións con altura excesiva que pasen pola zona non cheguen a causar destrozos en toda a cubrición da ponte.