Subvención de Cultura 2011

99

O Boletín Oficial de Pontevedra
publica hoxe as axudas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que
desenvolvan accións no eido da Cultura. Están convocadas pola Concellaría de
Cultura que xestiona, Anxos Riveiro e ten por obxecto fomentar as actividades
no eido da cultura e todas as súas facetas sempre e cando sexan consideradas de
interese social para o Concello.

 

As
persoas ou entidades interesadas en obter unha destas axudas poderá presentalas
no Rexistro do Concello antes do 20 de setembro.

 

A
publicación explica que o límite das axudas non poderán superar o importe de
3.000 euros, tendo en conta que a partida global das axudas é de 40.000 euros.