Riestra

80

A Concellaría de Patrimonio
histórico que xestiona Luís Bará comezou onte as obras de mellora e conclusión
da reurbanización da rúa Riestra. Estes traballos que se estenderán durante
varias semanas, desenvolveranse en dúas fases: a reposición do adoquinado en
Riestra e a reurbanización da rúa diante das ruínas de San Domingos.

 

Os
traballos comezaron onte co valado e levantamento de parte do adoquinado do
segundo tramo da rúa Riestra (entre Gutiérrez Mellado e Marquesa) que se atopa
en mal estado, con lastros rotos e outros inestables. Este firme será
sustituído por outros lastros de maior grosor e tamaño que permitirá crear un
pavimento máis firme e duro. Ao mesmo tempo, este novo enlousado permitirá
entroncar a rúa coa praza de España ao eliminar o asfaltado actual durante das
ruínas de San Domingos.

 

Esta
segunda fase da obra, que comezará ao remate da substitución do adoquinado,
consistirá en crear unha plataforma única seguindo a liña de deseño da praza de
España ata Marquesa. Esto implica que se colocará unha faixa de pedra de 8mm
diante dos establecementos comerciais da rúa, seguindo a liña da praza. Esto
tamén suporá levantar a beirarrúa que está diante dos comercios.

 

O
espazo central levará lastro gris, idéntico ao da praza de España, que estará
separado por faixas de pedra, ao igual que naquela.

 

A
beirarrúa de pedra que bordea ás ruínas de San Domingos permanecerá -como xa se
informou á Dirección Xeral de Patrimonio-, mantendo, deste xeito, o carácter
nobre a toda a zona.