Reparación de Parque infantil Barcelos

117

A Concellaría de Parques, que dirixe Anxos Riveiro, comezará o vindeiro luns, 19 de setembro, a reforma do parque infantil de Barcelos coa reparación do solo de caucho e de varios elementos. Os traballos terán unha duración de dúas semanas aproximadamente, e variará en función das condicións meteorolóxicas.

O proxecto de reforma, valorado en 48.000 euros, prevé a colocación dun novo enlousado de caucho en todo o parque dado que o actual presenta algúns furados debido ao uso e ao paso do tempo. Cabe recordar que o parque infantil de Barcelos é, tal vez, a área para nenos máis empregada da cidade.

Ademais da reposición do chan, tamén se repararán algúns elementos de xogo que presentan deficiencias ou están en mal estado.

Estas obras obrigarán a pechar a área de xogos durante unhas dúas semanas, aínda que o tempo de traballo poderá variar en función da climatoloxía. A Concellaría de Parques e a concelleira Anxos Riveiro piden desculpas por adiantado polos inconvintes que estas obras poidan causar, especialmente, aos máis pequenos, pero lembra que son traballos precisos para o mantemento da área infantil, que é unha das máis empregadas da cidade e que debe estar en condicións aptas para que os nenos gocen dela con total seguridade.