Comezan os traballos de reparación da rúa Gorgullón

76

As obras de reparación dos danos causados pola arriada do pasado 21 de agosto na rúa Gorgullón comezán o luns, 19 de setembro. A Policía Local ten previsto o peche da rúa a partir das 10.00 horas, entre Pedro Sarmiento de Gamboa ata a Travesía Eduardo Pondal.

As obras consisten na reconstrución dun treito da rúa, xa que recibe as augas pluviais de varias zonas da cidade, que se canalizan no punto que se viu afectado pola arriada, e que de aí se derivan cara o río dos Gafos.

Na noite do 21 ao 22 de agosto, a forte presión exercida pola auga da chuvia provocou que un dos pozos reventara, e fixo que a auga traballase por debaixo do pavimento causando problemas de desgaste. Como consecuencia, unha zona deste pavimento está levantada, o que obriga a repoñer un tramo duns 20 metros desta rúa.

As obras que se acometerán serán o levantamento do firme, a restitución na súa totalidade e o cambio de 5 pozos de rexistro por outros de formigón, para darlles maior resistencia. Deste xeito, inténtase prever que presións tan elevadas de auga poidan ocasionar roturas nalgún pozo no futuro.

O custo total da obra é de 23.648,12 euros. É necesario cortar o tráfico na rúa do Gorgullón durante o tempo que duren as obras.

A Policía Local pechará a rúa entre Pedro Sarmiento de Gamboa e a Travesía de Eduardo Pondal, dende o día 19 çás 10.00 horas, unha vez superada a hora punta de circulación de vehículos. E o peche prolongarase durante 5 días.