Os partidos estudan o Plan de Mobilidade da cidade

69

O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará informou esta semana que os grupos municipais do Concello recibiron o pasado martes o documento definitivo do Plan de Mobilidade de Pontevedra, para sexa estudado e para que fagan as achegas que consideren oportunas. Este documento non chegou a ser tratado na última comisión de Infraestruturas dado o cargo da orde do día, pero si que emplazou aos concelleiros a manter un debate na vindeira comisión.

Explicou que unha vez que o plan estea acordado e aprobado, comezar a negociación co resto de administracións que se poidan ver implicadas na elaboración do documento. "Pero falaremos con elas con un documento máis pechado", explicou o concelleiro.

Entre as propostas que fai o documento definitivo están:

  1. No ámbito do río entre as pontes Correntes e dos Tirantes, reducir a un carril o treito entre a Ponte de Santiago e os Tirantes, diante da antiga sede de Maxisterio, con dirección cara ao Estadio da Xuventude. Tamén reducir de dous a un carril no treito entre a Ponte de Santiago e a futura ponte das Correntes, na dirección cara Marín. O resto de itinerarios quedarían igual.
  2. No ámbito de Loureiro Crespo, queda aberta a posibilidade de que sexa de entrada ou de saída, en función do que determinen os técnicos e a Policía Local, e tamén os grupos políticos.
  3. No ámbito da Barca, quedan abertas varias posibilidades aínda que a que cobra máis forza é a deixala só de entrada na cidade.
  4. En Benito Corbal, recollerase a posibilidade de peonalizar o treito entre Sagasta e Daniel de la Sota, reconducindo o tráfico por Cruz Gallástegui e Castelao.