Pontevedra, contra a violencia de xénero

73

O Concello de Pontevedra celebrou este venres pasado un acto con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero que contou coa presenza da cantante Luz Casal como convidada de excepción.
Baixo o lema “A túa vontade conta”, o Departamento de Igualdade puxo en marcha este acto no que estiveron presentes todas as asociacións que traballan no eido da muller, e representadas no Consello municipal da muller, e contou coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Esta campaña contou coa presenza da cantante Luz Casal que vén de sacar un novo traballo que leva por título "Un ramo de rosas" e que inclúe unha canción co mesmo título que describe a situación que vive unha muller que se decata da situación de maltrato que vive e revélase.

O departamento de muller púxose en contacto coa cantante para solicitarlle permiso para o uso dun fragmento da canción na campaña contra a violencia de xénero que programaba o Concello. Luz Casal ofreceu a súa total colaboración, de xeito desinteresado, con esta campaña, ata o punto de ofrecer participar no acto oficial

Lola Dopico quixo agradecer a participación de todos os colectivos e asociacións que día a día traballan neste eido. E tamén a colaboración desinterada da cantante para denunciar unha lacra social como a violencia de xénero.