O Concello fixa en 30km/h a velocidade máxima nas pistas sen beirarrúas no rural

58

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera presentou esta semana o redactado definitivo do artigo número 5 da ordenanza municipal reguladora da circulación nas vías urbanas do municipio para limitación da velocidade co obxectivo da seguranza viaria.

Segundo o novo redactado:

"O límite máximo de velocidade ao que poderán circular os vehículos polas vías urbanas fíxase en 30km/h… No restante viario municipal, os límites de velocidad ao que poideran circular os vehículos establécese en función da clasificación e características da vía, sen superar os límites máximos que de seguido se relacionan e sen prexuízo das maiores limitacións que determinadas características das vías aconsellen así, como aquelas concretas e puntuais referidas o en interseccións, cruces perigosos, curvas, trocos de rasante ou semellantes:

Estradas con beirarrúas laterais para peóns e ciclistas: 60km/; sen elas, 40km/h

Travesías de núcleo con beirarrúas laterais para peóns e ciclistas: 40km/h; sen elas, 30 km/h.

Travesías urbanas con beirarrúas laterais para peóns e ciclistas: 30 km/h; e sen elas, 30 km/h.

A ordenanza lembra que o Concello de Pontevedra ven traballando dende 1999 nun proceso centrífugo e ininterrompido de reforma integral do espazo público que ten entre os seus principais obxectivos o de priorizar e protexer os tránsitos peonís e de bicicletas, en detrimento da saturación automobilística, ademais de introducir mecanismos para o calmado do tráfico e a seguranza viaria.

Este proceso definiu unha ampla zona de preferencia peonil que supera os límites da cidade histórica, outra de tráfico restrinxido, que abrangue rúas, prazas e espazos públicos accesibles e adaptados ás necesidades do conxunto da poboación, e unha terceira que no obxectivo de converter a cidade nun espazo accesible, seguro e sustentabel, adoptou un modelo urbano e de mobilidade que persegue a convivencia de usos nos espazos, con protección dos máis vulnerábeis como o calmado do tráfico.