Ponte de Tapas… en Pontevedra

33

¡Ponte de Tapas… en Pontevedra!

¿Apetéceche coñecer todos e cada un dos sabores da túa cidade?

¿Apetéceche descubrir máxicos recantos que esconden grandes praceres a pequenos prezos?

Se a resposta a ambas as dúas preguntas é… SI! a Concellaría de Promoción Económica e Turismo a través da empresa municipal Turismo de Pontevedra, S.A. coa convocatoria da  III Edición de "Ponte de Tapas"  pon ao teu alcance coñecer e gozar da gastronomía da cidade de Pontevedra cos bocados máis característicos dos seus establecementos máis emblemáticos. Todos eles,  dende o 25 de novembro ao 8 de decembro , visten de gala eses produtos que  fixeron de Pontevedra unha referencia gastronómica no panorama nacional e internacional.

E para que isto sexa unha celebración en toda regra, ademáis  duns prezos mini (1,50€ cada tapa deliciosa…!) poderás optar a  fántasticos premios  que serán a mellor sobremesa para estas xornadas;  unha viaxe de  8 días a Tenerife para dúas persoas, unha viaxe de 6 días a Madeira para dúas persoas, estanzas de fin de semana para dúas persoas, 5 cheques-regalo  por valor de 200 € a consumir en estableciementos adheridos ao CCU Zona Monumental ou 3 ceas "Menú da Ría"…

Para iso só terás que elixir co teu voto a que para ti foi a mellor tapa de todas e cun pouco de sorte… boa viaxe!

En fin, que mellor plan que gozar da túa cidade e da súa gastronomía en compañía dos teus nestes días!

Así que, non o esquezas…  ¡Ponte de Tapas na túa cidade!   ¡Ponte de Tapas… en Pontevedra!

 

Síguenos en:

pontedetapas.es

Facebook.com/pontedetapas

@pontedetapas

A través das nosas redes sociais verás o grande interese suscitado e descargándote o código bidimensional QR levarás no teu móbil a xeolocalización dos 47 establecementos participantes.  ¡Contamos contigo!