Proxección de ‘A pantasma da liberdade’, de Luis Buñuel, no Liceo Mutante

19

Lugar: Liceo Mutante (rúa de Rosalía de Castro, 100).
Hora: 21:00 horas.
 

O cineclube do Liceo Mutante proxectará este luns A pantasma da Liberdade (Le fantôme de la liberté, Luis Buñuel, Francia, 1974, 104. VOS) penúltimo filme do director aragonés. Cun título que homenaxea a Marx, o filme, de trazas surrealistas, supón unha mostra da actitude resistente de Buñuel fronte ás convencións sociais e cinematográficas.

"A liberdade que, na primeira escena do filme é unha liberdade política e social[…], adquiriría moi pronto outro sentido ben diferente, a liberdade do artista e do creador, tan ilusoria como a outra"
Luis Buñuel en "Mi Último Suspiro".