Maiolongo presenta o poemario ‘No papel que mudo escoita’ de Baldomero Iglesias na Casa das Campás

25

Lugar: Casa das Campás (rúa de Don Filiberto, 9-11).
Hora: 20 horas.
 

A Asociación Maio Longo presenta "No papel que mudo escoita", poemario de Baldomero Iglesias, Mero. Ao acto asistirán, ademais do autor, ben coñecido non só pola súa obra literaria, senón tamén pola súa importantisima carreira musical (sobre todo no grupo A Quenlla), outras persoas como Mini, David Otero ou Sabela Arias, a ilustradora do texto poético, entre outros participantes. Este libro, que reúne un intenso "corpus" poético onde os sinais de identidade de Galicia ocupan a centralidade da obra e da criatividade do autor, está editado pola Fundación Manuel María este mesmo ano.