Zafarrancho de limpeza no barrio de Monte Porreiro

82

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, inicia, esta semana, un zarrafancho de limpeza na praza de Europa, do barrio de Monte Porreiro. Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves, 15 de decembro.

Dado que se trata dunha zona de estacionamento de vehículos, colocaránse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona a partir de hoxe mesmo, aínda que a prohibición non será efectiva ata mércores pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.