Centros educativos

41

1.– Entrega de unidades didácticas aos profesores docentes dos centros (vídeos, contos e informacións de contidos sobre actuacións como peón e ocupante de turismos e autobuses, a Rúa, o paso de peóns, semáforos, sistemas de retencións, entre outros. As entregas de materiais os docentes son en soporte dixital.

2.- Prácticas de Seguridade nos centros:

Supervisar protocolo de entrada saída dos alumnos nos centros escolares. Verificar protocolos de seguridade nas rutas dos centros, co obxecto de colaboración e mellora unificando protocolos de comportamentos e elementos de seguridade no autobús.

3.- Visitas organizadas as nosas Dependencias da Policía local:

As visitas van dirixidas a alumnos de infantil III, ( de 5 anos de idade). De forma organizada visitan as diferentes areas das dependencias.

O total de visitas son 18, e que se encadran na formación prevista para estes alumnos en educación viaria.

4.- Material entregado ós alumnos de educación infantil:

Nas visitas as dependencias da Policía Local entregase de un lapis e un brazalete reflectinte da campaña e un carné a cada estudante, así como varios pósters de educación viaria, un tallímetro e unha pizarra para anotar as incidencias dos traslados e autobuses e comunicarllos ao docente acompañante para o centro.