Usuarios concretos

32

En canto ós escolares mediante a posta en marcha desta actividade preténdese acadar a medio prazo a redución do número de accidentes no que están implicados os menores e que teñen a súa base na ausencia da consciencia de perigo unida ó descoñecemento das normas mínimas de comportamento nas vías públicas que deberían ter segundo a súa idade e autonomía como usuarios implicados na mobilidade.

A longo prazo deberíase acadar unha circulación de máis calidade, máis respectuosa co medio ambiente, concienciada das avantaxes da mobilidade alternativa, con condutores máis preparados, concienciados da problemática do tráfico, mais solidarios e respectuosos coas normas que regulan a circulación en particular e a vida de relación en xeral, xa que os escolares do presente son os condutores do futuro e a súa preparación nesta materia, se é adecuada, ten que que dar os seus froitos.

O enfoque desta materia, desde o meu punto de vista, debería ser contemplado desde unha perspectiva integral, isto é, debería estar presente como materia lectiva transversal durante todo o curso e abarcar toda a vida escolar do alumno: educación infantil, primaria, secundaria e bacharel. Debería ter en conta os principais axentes da Comunidade escolar: alumnos, profesores, pais e nais e a a comunidade na que se inxiren os respectivos colexios. Nesta tarefa deberían implicarse a tódalas institucións con competencias na materia.

A cuestión sería elaborar un proxecto, no que estivesen implicados desde os responsables de educación, a Dirección Xeral de Tráfico e os Concellos, que se fundamentase nas seguintes liñas mestras:

 

  1. Que implicase gradualmente a tódolos centros de infantil e primaria ESO e Bacharelato

  1. Que a materia de educación vial fose impartida de xeito continuado ó longo de todo o curso polo menos durante unha hora a semana e que abarcase toda a vida escolar do alumno, desde infantil ata o remate dos seus estudos.

  1. Que fose impartida polos verdadeiros especialista na ensinanza que son os mestres.

  1. Que contasen co material educativo adecuado ás idades e necesidades reais do alumnado.

  1. Que os alumnos puidesen poñer en practicas os coñecementos teóricos adquiridos mediante a practica. Neste senso terá especial importancia o labor da Policía local mediante actuacións de campo cos alumnos e a realización de actividades programadas en parque móbil infantil de tráfico.

  1. Que as ensinanzas recibidas fosen cumprimentadas no ámbito social e familiar.

 

O proxecto elaborado conforme a estas bases, sería dirixido pola Policía local, cuxa función sería :

  • Presentalo ós distintos claustros de profesores para acadar a necesaria coordinación do proxecto á hora de combinar teoría e práctica.

  • Coordinar os distintos colexios entre si e co Departamento de Educación Viaria da Xefatura Provincial de Tráfico que aportaría o material didáctico idóneo e adaptado ás distintas idades para que os profesores puidesen desenvolver o seu traballo.

  • A realización clases prácticas cos alumnos (acompañalos no autobús para explicarlle como deben comportarse, sacalos a rúa para ensinalos a andar por ela …).

  • A posta en funcionamento do parque móbil infantil de tráfico, no que, debidamente organizado, pasarían periodicamente tódolos alumnos dos distintos colexios para poñer en práctica os seus coñecementos teóricos.

  • O contacto coas ANPAS e a elaboración de distintas actividades tendentes a implicalos no proxecto e a que co seu comportamento complementasen as ensinanzas recibidas polo alumnos e non as puxeran en contradición coa súa práctica.

 

Parte do anteriormente dito non deixan de ser pretensións ideais pero que se escapan das posibilidades da Administración local e, en concreto da Policía local, en consecuencia, mentres as cousas segan como están, desde a Policía local de Pontevedra abordamos a cuestión do seguinte xeito:

Contamos cun grupo de Educación viaria formado por catro axentes dirixidos por un oficial, o grupo traballa na educación viaria a tempo parcial, e dicir, cada un está adscrito a unha Unidade policial onde presta os seus servizo e realizan as tarefas de educación viaria conforme ó programa preestablecido. Xunto o grupo de Educación viaria participa o Presidente da Asociación de Diminuídos Físicos Amizade, vítima de accidente de tráfico que transmite a súa experiencia persoal. O grupo de Educación viaria dirixe a súa actividade ós seguintes sectores:

  • Escolares: infantil, 5º de primaria, ESO e Bacharel de todos os centros públicos e privados do Concello de Pontevedra.

  • Terceira idade: dirixida ós centros da terceira idade existentes na Cidade de Pontevedra.

  • Mulleres embarazadas: esta actividade realízase a través do Centros de saúde.

  • Menores procesados por delitos contra a seguridade viaria: os seus destinatarios son moz@s menores de 18 anos procesados por delitos contra a seguridade viaria coa finalidade de reeducación e concienciación.

  • Menores condenados en sentencia firme por delitos contra a seguridade viaria: o ámbito e destinatarios e obxectivos son os mesmos que no caso anterior.

  • Comunidade escolar: alumnos, pais, nais, veciños e comerciantes a través do proxecto do camiño escolar que cuxo obxectivo é acadar que os nen@s vaian andando ó colexio nun escenario protexido dos perigos da circulación rodada, que gañen en autonomía, que fagan grupo e se relacionen cos seus amigos, que disfruten do medio que ofrece a cidade e aumentar a cohesión social.

  • A sociedade en xeral: por medio da información transmitida polo Concello a través dos medios de comunicación de masas sobre asuntos relativos á seguridade viaria.

Os destinatarios directos da educación viaria no ano 2009 superaron as 5.000 persoas. Polo que respecta a difusión de mensaxes relativos a asuntos de seguridade viaria o alcance dos medios de comunicación locais supera as 100.000 persoas en Pontevedra en Pontevedra e comarca.