VII Xornadas Agrarias: ‘Túnel do Viño’ no Pazo da Cultura

19

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra

Dentro das actividades das VII Xornadas Agrarias, organizadas Federación Rural Galega (FRUGA), que se desenvolven no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 16, 17 e 18 de decembro, cunha intensa programación de seminarios, obradoiros e mesas redondas a redor do tema da 'Vituculta e Mercados', destaca a celebración do Túnel do Viño, actividade que consiste na exposición e degustación de 60 marcas de 30 adegas do país.  

Horario:

– Sábado 17 de decembro, de 19:30 a 22:30 horas.

– Domingo 18 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas.

Prezo da entrada: 3 € (os inscritos nas VII Xornadas Agrarias terán entrada libre no Túnel do Viño o sábado día 17).

Poden inscribirse na Asociación Galega de Viticultura, no 988 470770/ 608720695 ou agv@fruga-galiza.org.