“Pide o teu tíkect”, a nova campaña de Proba en galego

108

A Concellaría de Normalización Lingüística pon en marcha unha nova iniciativa dentro do seu programa Proba en galego. Nesta ocasión, en colaboración coas asociacións de empresarios da cidade: AEMPE, Centro Comercial Urbano Zona Monumental, e Hoaspo inicia a campaña “Pide o teu tícket para o aparcadoiro no teu comercio”, que foi presentada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e os representantes das tres entidades empresariais que participan con esta iniciativa.

Esta campaña consiste na entrega de bonos-parking gratis aos clientes que merquen ata os comercios, establecementos e locais que participen nesta iniciativa. De feito, preténdese que sexan os propios clientes os que reclamen o seu tícket polas súas compras.

A entrega e o número dos tíckets dependerá do gasto que se faga en cada establecemento. Participarán nesta iniciativa arredor de 700 establecementos, todos os asociados a AEMPE, CCUZN e Hoaspo, aínda que a adhesión é voluntaria.

As asociacións chegaron a acordos cos estacionamentos: Froiz, Zona Monumental Mercado, Veteris, o de Campolongo e o de Barcelos. Tamén poderá entrar o parking da Audiencia e están en negociacións co da Praza de España e Montero Ríos. Os empresarios son os que asumen parte do precio do estacionamento de cada cliente.

Os representantes dos empresarios explicaron que esta iniciativa estaba en marcha en cada unha das asociacións que agora se unen para tratar de captar á maior número de población posible. Ten unha duración ata o ano 2013 e comezará a primeiros da vindeira semana.

Dende o punto de vista municipal, esta campaña pretende dinamizar o uso do galego como lingua normal de comunicación no comercio e na hostalería de Pontevedra; Estimular á clientela falante de galego a que manteña a súa lingua nos locais que participan na campaña; animar  á clientela que non fala galego habitualmente a que probe a facelo no comercio local; implicar as persoas que traballan no sector do comercio na mellora do uso do galego coa clientela e coas empresas provedoras; facer visible o uso da lingua nas relacións comercias que se establecen na cidade; darlle continuidade ás campañas específicas para incrementar o uso do galego no comercio local que o Concello de Pontevedra vén desenvolvendo desde o ano 2006.

Pola súa banda, dende o sector comercial, esta campaña é unha ferramenta para facilitar ao consumidor da periferia e da comarca á súa entrada na cidade, e o fomento do comercio local.