Concello e comerciantes dinamizan as rúas de Pontevedra coa campaña ‘Sinte o Nadal’

22

Lugares: praza de España, praza de Curros Enríquez e diversas rúas da cidade

A iniciativa comeza o venres 16 de decembro, e permanecerá aberta ata o 4 de xaneiro. O horario será de 11.00 a 14.00 da mañá e de 17.00 a 20.00 da tarde. Horario especial os días 24 e 31 só de mañá, e 25 e 1 de xaneiro só de tarde.
 

A Concellería de Promoción Económica, coa colaboración das asociacións empresariais da cidade, encherá as rúas de actividade co programa de dinamización comercial “Sinte o Nadal”.  O programa terá como bases de operacións as prazas de España e de Curros Enríquez. A iniciativa chega cargada de atractivos, como un trineo que percorrerá a cidade, un tiovivo e unha gran carpa en forma de iglú na que se aloxarán un inchable infantil, unha zona interactiva con xogos e ordenadores, a gardería, a ludoteca e unha piscina grande de pelotas.
 

Para acceder ás zonas lúdicas das prazas de España e de Curros Enríquez será necesario presentar un tique de compra en calquera dos establecementos comerciais da cidade, para canxealo por un tique de acceso ás atraccións das prazas. “Sente o Nadal” está confeccionado coa clara intención de potenciar a diversión dun xeito paralelo ao consumo nos comercios pontevedreses cunha oferta que combina tradición, modernidade e singularidade.


O tiovivo e o iglú de actividades traballarán na praza de España, a praza de Curros Enríquez será o punto de partida do “Trineo do Comercio”, un vehículo decorado coas características deste peculiar medio de transporte que fará un viaxe ao longo dun ano imaxinario chamado Pontevedra. O ano estará dividido en 12 paradas (estacións imaxinarias) correspondentes a outros tantos puntos neurálxicos do comercio. Así o trineo sae de Curros Enríquez e irá deténdose sucesivamente en na praza da Peregrina, rúas Castelao, Joaquín Costa, Cobián Areal, Benito Corbal, Cobián Roffinac, Sierra, praza de Méndez Núñez, Curros Enríquez, Don Filiberto e praza de España.
A praza de Curros Enríquez acollerá tamén unha árbore solidaria do Nadal, na que se poderán depositar os xoguetes que os pontevedreses queiran doar á campaña de recollida que organiza a Asociación de Jóvenes Empresarios. Os xoguetes serán entregados pola asociación empresarial á fundación Meniños e aos servizos sociais de varios concellos.